Visitas escolares ao edificio do Concello

Descrición

A actividade consistirá nun itinerario que tratará de acercar o concello aos centros educativos, visitarase o arquivo municipal, a policía e os diferentes departamentos municipais rematando a visita no salón de plenos onde o alumnado será recepcionado polo alcalde ou alcaldesa a quen lle poderán facer todas as preguntas que consideren oportunas.

Farase un visionado didáctico adaptado a cada nivel educativo.

Obxectivos

  • Dar a coñecer a casa consistorial e os diferentes servizos que ofrece á cidadanía.
  • Comprender cal é a función do concello, os concelleiros/as e o alcalde ou alcaldesa na localidade.
  • Achegar ao alumnado ao edificio consistorial e transmitirlles información dos trámites e xestións que poden realizar.

Lugar de utilización

Casa consistorial de Narón.

Idade de referencia

5 anos (E.I.).

Data de execución

De xaneiro a maio.

Duración

1 h. e 30 minutos aproximadamente.

Como se solicita

Mediante presentación de solicitude normalizada en Rexistro de Entrada do Concello de Narón, no prazo estipulado polo Servizo Sociocomunitario.

Descargar solicitude

Máis información

Concello de Narón
Servizo Sociocomunitario Municipal
Praza de Galicia nº 1
15570 Narón
Teléfonos: 981 33 77 00 - ext 1103/1113
Correos electrónicos: omix@naron.es / j.martinez@naron.es